Porto Deportivo de Moaña

O teu porto familiar en Galicia

400 plazas de amarre para esloras de 6 a 22 metros, nun entorno tranquilo e cheo de historia.

Un porto tranquilo, familiar y cheo de encanto

O Porto Deportivo de Moaña ofrece 400 prazas de amarre distribuídas en 4 pantaláns, ideais para embarcacións de 6 a 22 metros. Situado no corazón de Moaña, un pobo costeiro cheo de historia e encanto, é o lugar perfecto para pasear, gozar da gastronomía local e relaxarse nunha contorna segura e familiar.

Servizos do Porto – Todo o que necesitas para a túa embarcación

No noso porto atoparás vestiarios completos con baños e duchas para homes e mulleres, servizo de lavandería e venda de xeo. A nosa oficina está aberta de 8:00 a 14:00, e contamos con mariñeiría dispoñible todo o día para axudarche no que necesites.

400 prazas de amarre na ría de Vigo

Asegura o teu amarre hoxe mesmo e goza do Porto Deportivo de Moaña.

Embarcacións de 6 a 22 metros de eslora

Asegura o teu amarre hoxe mesmo e goza do Porto Deportivo de Moaña.

Consulta as nosas tarifas

Actividades Náuticas – Terra e Mar Multiaventura

No noso porto ten sede Terra e Mar Multiaventura, onde poderás gozar de cursos de vela lixeira, surf, windsurf e flyboard. Tamén ofrecemos alugueiro de kaiaks e organización de actividades náuticas para grupos, familias e empresas. Vive a experiencia do mar de maneira segura e divertida.

Viaxa a Vigo
en só 15 minutos

Desde o Porto Deportivo de Moaña podes chegar a Vigo en só 15 minutos. O embarcadoiro, a poucos metros do porto, conecta coa cidade a través da navieira ‘Piratas de Nabia’. Ideal para excursións rápidas, compras ou paseos urbanos sen complicacións.

Opinións en Google